23
jan
2014

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, visitou hoxe as instalacións da compañía arturo alvarez, que prevé implantarse este ano en Estados Unidos co apoio da Consellería de Economía e Industria. A empresa de Vedra destina o 80% da súa produción á exportación, e forma parte do Club de Marcas con Alto Potencial Internacional (Mapi). O Igape ten convocadas na actualidade convocatorias de axudas por máis de 5 millóns de euros para a contratación de xestores de internacionalización e para facilitar a implantación promocional no exterior ao abeiro do Plan Primex.

Vedra (A Coruña), 22 de xaneiro de 2014.- O director xeral do Igape, Javier Aguilera, visitou hoxe as instalacións en Vedra da empresa arturo alvarez, unha firma especializada no deseño e fabricación de lámpadas de interior de gama media e alta, que exporta a 50 países de todo o mundo e que está en vías de de implantación en Estados Unidos, contando para iso cunha axuda do Igape.

Na súa visita, o director do Igape destacou a mellora continua de produtos e procesos como unha das claves fundamentais para que as empresas poidan gañar competitividade e consolidarse nos mercados internacionais. Lembrou que para apoiar a internacionalización das empresas galegas, a Consellería de Economía e Industria ofrece, especialmente a través do Igape, un amplo abano de servizos, como os diagnósticos para calibrar o potencial de internacionalización das pemes, e apoios á proxección exterior das empresas.

Nestes momentos están abertas as convocatorias de axudas, dotadas con máis de 5 millóns de euros, para a contratación de xestores de internacionalización e para desenvolver proxectos agrupados de primeira implantación en mercados exteriores, no marco do Plan Primex.

Para o director do Igape, o compromiso constante coa mellora do seu produto está detrás do éxito a nivel internacional da empresa arturo alvarez, que forma parte do clube Mapi (marcas de alto potencial internacional), impulsado polo Igape en colaboración coa Asociación de Marcas Renombradas Españolas (AMRE). A firma destina á exportación o 80% da súa produción.

A empresa tamén está integrada no prestixioso Circulo Fortuny, unha asociación de empresas con produtos selectos, de primeira liña. Por outra banda, o propietario da compañía galega, arturo alvarez, vén de ser seleccionado entre os dez mellores deseñadores españois de 2013 polo prestixioso magazine internacional de arte, cultura e viaxes “The Culture Trip”.

Igape

Postar um comentário

O seu endereço de e-mail não será publicado. Campos obrigatórios são marcados com *

*