24
jul
2013

O Igape vén de activar axudas por 9 millóns de euros para fomentar a apertura a novos mercados // O crecemento das saídas das empresas galegas dobra o do conxunto do Estado.

A Xunta de Galicia, na súa aposta pola internacionalización do tecido empresarial como un dos piares do crecemento económico, está a desenvolver diferentes programas de impulso para facilitar a saída ao exterior das pemes galegas. Así, a través das bases específicas de apoio á internacionalización, dotadas con 9 millóns de euros, mobilizaranse 15 millóns de euros a través de tres eidos específicos de actuacións: a implantación promocional conxunta no exterior (Plan Primex), as misións inversas e a prospección das empresas en novos mercados.

Apóstase dun modo especial polo Plan Primex, que recibe máis do 85% do orzamento total e está destinado ao impulso das primeiras implantacións das empresas galegas no exterior a través de proxectos conxuntos de cooperación que permiten unir esforzos, compartir custos e, se fose o caso, desenvolver estratexias de marca. Esta aposta polo Primex busca mellorar as cifras da convocatoria do ano pasado, cando se aprobaron 35 proxectos de colaboración con máis dun cento de empresas beneficiadas.

El Correo Gallego

Postar um comentário

O seu endereço de e-mail não será publicado. Campos obrigatórios são marcados com *

*